luns, 31 de marzo de 2014

Arte xaponesa: Parte I

Ola, amigos! Nas dúas entradas seguintes, ímosvos presentar un tema do máis interesante, a cultura nipoa.

A cultura de Xapón é o resultado dun proceso histórico que comeza coas ondas inmigratorias orixinarias do continente de Asía e das illas do Océano Pacífico, seguido por unha forte influencia cultural proveniente de China e un longo período de illamento co resto do mundo ata a Era Meiji.

Música

A música tradicional xaponesa coñécese co nome de hougaku, mentres que a palabra ongaku designa a música en xeral. Ás súas orixes remóntanse ao século XVI, cando un grupo de monxes budistas desenvolveron unha práctica de meditación sonora, que consistía en soprar certos sons nun shakuhachi, unha frauta xaponesa que se suxeita como unha frauta doce. O obxectivo era chegar á iluminación espiritual a través do seu son. Neste contexto a shakuhachi non era considerado un instrumento musical nin o seu son era considerado música, senón unha ferramenta de meditación. Máis tarde, estas organizacións sonoras foron recuperadas como música.

A música popular xaponesa coñécese co nome de kayôkyoku e inclúe cantantes de enka (xénero musical que recorda á copla española) e idols. Nos últimos anos este xénero foi declinando e apareceu o denominado J-Music (abreviatura de Japanese Music). Engloba unha variedade de estilos que empezou como unha imitación da música occidental introducida no 1868 polo goberno xaponés. Pero non foi ata a ocupación aliada tras a Segunda Guerra Mundial cando a música occidental empezou a ter influencia. Aínda que no J-Music aínda poden verse esas influencias, ten ás súas propias características.

A industria da música contemporánea en Xapón ten bastantes diferenzas respecto o xeito occidental, en especial na súa promoción, poñendo como exemplo o título das cancións, completamente en maiúsculas, algo xa típico entre artistas xaponeses. Tamén se inclúe a incorporación de "~", "-", "", "" e símbolos non presentes dentro do noso sistema.
Uns exemplos deste tipo de música son:

The Gazette, estilizado como the GazettE, é unha banda xaponesa de metal alternativo formada no ano 2002, e, ademais, unha dás bandas máis populares de visual kei ("estilo visual" en español, definido como unha liberdade de expresión estética e musical que ten relación ca maquillaxe, as vestimentas, os peiteados, etc.) A estética utilizada por cada membro é un elemento recorrente nas súas presentacións e vídeos, que evolucionou a través dos anos.


the GazettE © www.deculture.es

- Shiver 

Kalafina é unha banda xaponesa de classical crossover (xénero que combina tipos de música contemporánea coa música clásica, ou mesmo mestura idiomas en melodías) iniciado a finais de 2007 pola compositora Yuki Kajiura. A banda debutou en xaneiro do 2008 con dúas voces máis, Wakana Otaki e Keiko Kubota.

Kalafina © gallery.minitokyo.net

- Lacrimosa 

Abingdon Boys School é unha banda de rock xaponesa  formada por Takanori Nishikawa no 2005. A banda comparte o seu nome coa escola de varóns independente británica Abingdon School, en Oxfordshire, onde se estableceu a banda Radiohead.

Abingdon Boys School © blog.mikamicomics.com

- Souen 

Arashi (Tormenta) é unha boy band de pop xaponesa fundada en 1999. Está composta por Satoshi Ohno, Sho Sakurai, Masaki Aiba, Kazunari Ninomiya e Jun Matsumoto. Ademais de ser un grupo Idol popular en Xapón,  tamén é coñecido a través de Asía e polas seguidoras do J-Pop de todo o mundo.

Arashi © mydreamofjapan.blogspot.com.es
- Love so sweet

Pintura

A pintura nipoa é unha das máis antigas e refinadas artes xaponesas, abranguendo unha ampla variedade de xéneros e estilos. Temos autores coñecidos como Katsushika Hokusa coa súa obra "A Gran Onda" e Kitagawa Utamaro, ao cal se lle coñece especialmente polas súas maxistrais composicións de mulleres.
A Gran Onda © eigavision.wordpress.com

 Literatura

En canto á literatura, non se conservan testemuños dunha escritura autóctona xaponesa. O xaponés era, pois, unha lingua sen escritura ata a chegada dos ideogramas chineses (os kanji). Por iso, as primeiras mostras de literatura xaponesa pertencían á tradición oral. A súa orixe, como o doutras culturas, remóntase a un conxunto de ritos onde folclore e relixión conformaban unha rica e vellísima tradición oral.

Algunhas expresións do Xapón antigo non podían ser transcribidas en carácteres estranxeiros. A súa conservación realizábase no yamato kotoba ou palabras de Yamato, un dos nomes do antigo Xapón. O xénero poético máis antigo, o waka, só podía ser composto no yamato kotoba, única lingua empregada polos kataribe, "recitador" en español.

Temos algúns autores famosos coas súas obras:

- Literatura clásica: Murasaki Shikibu, O príncipe Genji.

O príncipe Genji © michcelanea.wordpress.com

- Literatura moderna: Ihara Saikaku.

The life of an amorous man © rereadinglifes.blogspot.com

- Literatura contemporánea: Haruki Murakami.

Tokio Blues Norwegian Wood © entremontonesdelibros.blogspot.com

- Literatura manga: Osamu Tezuka, Astroboy.
Astroboy © librolibro.es

Esperamos que algo de cultura nipoa vos/nos quedara na testiña. Vos esperamos na Parte II, ata logo!