martes, 29 de abril de 2014

TRANSIBERIANO

 Día 7.


Viaxe en tren.

(Imaxe orixinal: Adriana Oñate)

Día 8.

A nosa primeira parada tivo lugar en Ekaterimburgo (Екатеринбург), alí só nos deu tempo a visitar a  Igrexa sobre o sangue na honra de todos os santos refulxente na terra rusa (Храм-на-Крови́ во и́мя Всех святы́х, в земле́ Росси́йской просия́вших), unha igrexa ortodoxa rusa considerada unha das máis importantes, conta cun campanario, cun anexo principal e tamén cun museo adicado á familia imperial rusa.


 Día 9.

Kazansky Church - Irkutsk, Irkutsk
(Imaxe orixinal: ChrisJ)

A segunda parada que realizamos foi Irkutsk, que é unha das cidades mais poboadas de Sibeira. Só visitamos a Kazansky Church xa que non tivemos tempo para nada mais, aínda así defraudounos moito este lugar despois de ver Moscú ou San Petersburgo e tampouco tivemos tempo para coñecelo.

A última visita do día foi ao lago Baikal que se atopa no sur de Siberia, que se considera Patrimonio da Humanidade, e con razón xa que a paisaxe que se pode ver desde alí é fantástica e tivemos a sorte de poder coñecer unha das súas zonas máis bonitas.






Día 10.

A nosa penúltima parada tivo lugar en Terell, a nosa visita obrigada aquí é o Parque Nacional de Gorkhi - Terelj, que é un dos moitos parques que ten Mongolia. O parque é inmenso polo que non puidemos visitalo por completo. Existe unha parte adicada ao turismo na que se atopan tendas de recordos, restaurantes, cabalos e camelos de aluguer.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjPiMePOPx5IQmFNGeVTYzQ9kL5guaVFYHIfY4tm2FU40SAPl3k_jUh3foayEaijNtxsHQSmOkQGQnNinmnM_O7ykF6JDolp5i45h_PwbZllsO5x7JpEr1Sv5xiAx76Wm0yIva61OltyA/s1600/roca+tortuga.jpg
(Imaxe orixinal: Marta Ortiz)

Día 11, 12 e 13.

A última parada desta marabillosa viaxe foi Ulan Bator, a capital de Mongolia, aquí aloxámonos durante 3 días no Hotel The Blue Sky. O primeiro que decidimos visitar foi o Yol Valley, un impresionante canón con xeo, desde o que puidemos admirar unha posta de sol que nos deixou abraiados, de camiño ao hotel puidemos admirar o muro dos Beatles.

http://elevatedestinations.com/wp-content/uploads/2012/08/altai.jpg
(Foto orixinal: elevate destinations)
http://esphoto980x880.mnstatic.com/muro-de-beatles_7372893.jpg
(Foto orixinal: Antoine D'audigier)

O segundo día nesta cidade visitamos o Val de Orkon, considerado como un dos mellores puntos que visitar en Mongolia. Ao chegar quedamos impresionados pola incrible paisaxe, a pesar de que as cataratas son aptas para darse un baño, en pleno mes de abril non é recomendable polo frío e as xélidas temperaturas. Limitámonos a tirar fotos. Esta visita, debido ao desprazamento, levounos todo o día.


http://esphoto500x500.mnstatic.com/valle-de-orkon_2333061.jpg
(Foto orixinal: Daniel Fernández)

O último día desta intensa viaxe decimos ir de compras por unha das poucas rúas comerciais. Fomos a "Avenida de la Paz", aquí atópanse as mellores cafeterías, tendas e restaurantes.

Mercado Naran Tuul
(Foto orixinal: Mariela Carril)

Ao rematar dirixímonos ao aeroporto de Ulan Bator, o "Gengis Kan" desde o que voamos cara a Baraxas, en Madrid. De aí collemos o voo cara Vigo e pronto estivemos na casa depois de vivir unha gran experiencia con esta viaxe.

venres, 25 de abril de 2014

Itinerario de Xapón


おはようございます!

Imos presentar o noso itinerario e as cidades que visitaremos na nosa viaxe, que son unhas poucas xa que en total estaremos no país durante cinco meses.

Mapa de Xapón © viajejet.com
En primeiro lugar visitaremos Nagasaki, que foi parcialmente destruída por unha bomba nuclear durante a Segunda Guerra Mundial. Cabe resaltar o seu Parque da Paz e o seu templo Sofuku-ji, coa súa peculiar arquitectura que recorda aos templos chineses. Teremos estanza durante unha semana.

Nagasaki © unmundodecruceros.com
En segundo posto viaxaremos a Hiroshima, ou "o lugar da paz destruída". Foi devastada tamén pola bomba atómica na Segunda Guerra mundial e, na memoria das vítimas, erixiuse o Monumento da Paz. Estaremos aquí dúas semanas.

Hiroshima © tdetokyo.blogspot.com
Despois iremos a Osaka, a cidade que posúe os portos e centros comerciais máis importantes de Xapón. Ten o Museo Nacional de Arte (NMAO), que alberga principalmente coleccións da posguerra e exhibe exposicións temporais con regularidade. Aquí estaremos tres semanas, xa que é unha cidade máis comercial e queremos comprar algúns souvenirs.
NMAO © noticias.arq.com
Osaka © destinojapon.com
Visitaremos, logo, Nara, coñecida tamén como "o lugar imperdible". Alí atópanse os templos mellor coidados da cultura budista, os cales son unha importante atracción turística. Outra semana máis da nosa viaxe empregarase para ver o Parque Nacional de Nara, onde se atopan algunhas especies animais vivindo ao aire libre.

Nara © vtoon.fr
Parque de Nara © wikipedia.org
Máis tarde chegaremos a Kyoto, unha importante fonte da cultura xaponesa. A súa fama débese aos seus reservados sitios históricos e a que antigamente foi capital de Xapón e residencia do Emperador. Aquí estaremos tres semanas para contemplar toda a súa historia.

Templo de Kyoto © commons.wikimedia.org
O Gran Buda © onmarkproductions.com
Despois pasaremos por Kamakura, a cal posúe unha das mellores coleccións de santuarios e templos de Xapón, famosos pola súas estatuas de Buda. Aquí estaremos outra semana máis para ver esas esculturas.

Buda © sobrejapon.com
Despois faremos estancia en Tokyo, a capital xaponesa. Unha metrópole curiosa e extravagante xa que alberga unha mestura de culturas. Nesta cidade estaremos un mes. Visitaremos o Monte Fuji, símbolo emblemático xaponés, e subiremos aos miradoiros da montaña para ver as súas bonitas vistas.

Tokio de día © abadiadigital.com
Tokio de noite © mundodescarga.com
E no último posto temos Nikko, que posúe un parque nacional que roza a espectacularidade. Xunto con santuarios sagrados e os balnearios onsen, fan da localidade un centro relixioso e turístico moi visitado. Estaremos unha última semana nesta cidade.

Nikko © japan-web-magazine.com
Nikko © viajapon.es
Esperamos que vos gustara toda esta información sobre Xapón ao longo das entradas que fomos publicando.

 Adeus e ata sempre! さようなら!

mércores, 23 de abril de 2014

Itinerario alemán

Actividades por Alemaña:

Benvidos ao itinerario de Alemaña. Aquí vos ensinamos a orde que seguimos na viaxe por Alemaña. 


Como veredes visitamos algunhas das cidades que seguro vos sonarán por seren das máis importantes. Fumos a:
  1. Hamburgo.
  2. Frankfurt.
  3. Nüremberg.
  4. Munich.
Logo volvemos a Berlín desde donde collemos o avión a España.

Esta é a listaxe dos hoteis onde nos hospedamos:

Berlín: Waldorf Astorian Berlin : 285€ por persoa.


         
Nüremberg: NH  Nüremberg City : 89€ por persoa.


         
Frankfurt: Jumeirah Frankfurt:: 120€ por persoa.



Munich: Holiday Inn Munich: 98€ por persona.


         
Hamburg: Arcotel Onyx Hamburg: 80€ por persona.







Días 9 e 10 en Dubai

Día 9:

http://www.traveler.es
Xa é o noso último día neste engaiolante e exótico lugar. Non podemos crer que teñamos que marchar!!!

Para poder recordar este país unha vez esteamos fóra del, percorremos algunhas das súas rúas máis coñecidas, tirando moitas fotos e comprando moitos recordos propios desta cultura.

http://www.getyourguide.es
Chegada xa a tarde marchamos a praia para descansar unhas horiñas e coller color. Xa cando o sol se estaba agochando polo horizonte, un helicóptero recóllenos na azotea do noso hotel. Durante este recorrido de 22 apaixoantes minutos gozamos das preciosas vistas de Dubai, algo inesquecible para nós.

Xa rematamos esta aventura e volvemos ao hotel para facer as nosas maletas e despedirnos do noso querido hotel, xa que as once e media temos que estar no aeroporto para facturar.


Día 10:

Xa é a 01:55 da mañá en Dubai e xa estamos no avión da compañía Qatar Airways. Despois dun longo voó chegamos  a Londres as 06:20 polo horario europeo. Paseamos un pouco pola cidade londinense e as 11:50 emprendemos o voó cara Oporto o cal chegamos as 14:10. Nese aeroporto esteranos todos os nosos familiares con moitas ganas de vernos as tres.

martes, 22 de abril de 2014

Día 7 e 8 en Dubai

Día 7:
http://www.ebookers.ch

Á diferencia de todas as mañás levantámosnos máis tarde. Marchamos cara o acuario The Lost Chambers, que se atopa no interior do hotel Atlantis.
Este acuario é o hábitat mariño máis grande de Oriente Medio e  contén máis de 65.000 animais mariños. Cada sala ten un ambiente distinto e moi traballado.




http://events.hellotrade.com
Xa pola tarde marchamos facer un pequeno percorrido pola cidade e visitamos as Emirates Towers, dúas das torres máis altas de Dubai, cunha altura de 355 e 309 metros respectivamente. Subimos ao alto dunha das torres e alí puidemos ter unha marabillosa panorámica de Dubai.

Despois ceamos nun dos esctaculares restaurantes das torres.


 
Día 8:

Esta mañá visitamos o monumento máis impresionante de Dubai, cos seus 828 metros de altura é o edificio máis alto do mundo, o Burj Khalifa. Na planta 124 atópase o miradoiro da Torre Califa, sen dúbida o mellor punto para contemplar a cidade.

O horario de apertura do miradoiro é de 10:00 a 22:00. O prezo é de 100 dirhams por persoa (uns 20 euros). O rascaceos destaca por ter un gran número de plantas residenciais, algo insólito ata o momento.

http://www.seedubaitours.com/
Pola noite recóllennos no noso hotel para gozar dun fermoso cruceiro por Dubai Marina, a zona máis moderna de Dubái e unha das máis animadas pola noite. O paseo ten unha duración de 3 horas e costa 55 euros por persoa.
Unha vez embarcados percorreremos as canles de Dubai Marina ata chegar ao tronco da Palmeira Jumeirah, a illa artificial máis famosa de Dubai. Un día moi ben aproveitado.

xoves, 10 de abril de 2014

Arte xaponesa: Parte II

Boas! Esta entrada é a parte II sobre a cultura xaponesa, esperamos que vos guste!

Cine

O cine xaponés ten unha historia que abrangue máis de cen anos, e os xéneros máis comúns nas películas xaponesas son:

-Anime. Así se coñece á animación xaponesa. Un dos directores máis influentes deste xénero é Hayao Miyazaki, o cofundador de Studio Ghibli e gañador dun óscar á mellor fita animada por "A viaxe de Chihiro".

A viaxe de Chihiro © www.cinemelodic.blogspot.com
-Jidaigeki, definido como dramas de época ambientados no Período Edo (1603-1868). Dentro deste xénero, encóntrase o chambara (cine de acción con samuráis). O realizador Kanamori Bansho é o que revolucionaría este xénero, inspirado no cine americano e conferindo aos combates un enorme dinamismo usando maxistralmente o movemento de cámara e a montaxe. Un dos directores máis famosos deste xénero é Akira Kurosawa, coa súa película "Os sete samuráis".

Os sete samuráis © www.enocasionesveocine.blogspot.com
-J-Horror, no que predomina o terror psicolóxico e a tensión. Unha das sagas máis coñecidas foi a creada por Takashi Shimizu, "Ju-on".

-Cine de culto. Comprende aquelas películas que atraen un pequeno grupo de seguidores, como "Battle Royale" ou "Suicide Club".
 

-Kaiju: películas cuxo protagonista é un monstro, como o popular "Godzilla".
 

-Pink films. A diferenza do cine pornográfico occidental, o cine porno xaponés polo xeral inclúe temas sociais e é esteticamente máis coidado.
 

-Yakuza: películas que tratan sobre a mafia xaponesa.

Moda

Xa se sabe que Xapón é un país excéntrico e no que case todo vale. Os xaponeses son atrevidos e nada discretos, e respecto a modas son os primeiros en probar as cousas máis extravagantes, coma por exemplo:

-O Bagelhead, algo que está a facer estragos no país. Dende hai uns meses, miles de mozos reúnense en locais nocturnos para someterse ao poder da agulla. A técnica do Bagelhead, que toma o seu nome da rosquilla, consiste en inxectarse na fronte unha solución de auga salgada baixo a pel que logra deformar o rostro por unhas horas, de forma que se pode modelar ao gusto do consumidor. Malia que ás poucas horas de someterse a este tratamento o corpo absorbe a solución salina e a pel volve ao seu estado orixinal, os médicos alertaron dos riscos de infección que entraña.

Bagelhead © www.natgeotv.com
-Unha das últimas modas en Xapón é operarse as mans para cambiar o destino. Se non estás contento co teu futuro non hai problema, en Xapón xa hai especialistas que as operan para cambiar o destino dos seus pacientes. Así, segundo ás necesidades de cada paciente, estas liñas pódense alongar, unir, cortar, ou mesmo crear unha que non estaba antes.

O cirurxián que estendeu esta práctica, Takaaki Matsuoka declara que foi idea dun dos seus pacientes, que lle pediu que "quería cambiar a súa sorte". O médico buscou ata que encontrou este tipo de intervención en Corea. A operación realízase cun bisturí eléctrico, que deixa unha cicatriz visible. Nun mes sandan ás feridas e fórmanse as novas liñas.


Mans © www.abc.es
- Esta vez chega a nova tendencia en peiteados: o tomate maduro. Trátase de tinguirse o pelo de vermello, e no cocote, o pelo máis curto de verde, coma se fose o talo e as follas dun tomate. Esta idea tan orixinal e rechamante é obra de Hiro, que é a propietaria dunha perrucaría en Osaka. Agora esténdese entre os mozos, que xa adoitan ser bastante ousados e seguen o seu estilo  extravagante baseados en videoxogos ou mangas. Isto xa é algo habitual para a doa do local, que xa fixo outros peiteados diferentes, coma unha pelota de fútbol.

Peiteado do tomate maduro © www.lavanguardia.com
-Unha das modas que chega tamén dende o país do sol nacente é o hadouken. O nome desta moda é común ao nome da súa fonte de inspiración: o popular videoxogo de loita 'Street Fighter'. Basicamente, a nova tendencia consiste en sacarse unha foto simulando un ataque cunha bóla de enerxía invisible. Este movemento foi popularizado polo personaxe Ryu, aínda que a mesma técnica é usada por outras figuras do xogo.

Hadouken © www.noticias.lainformacion.com
Deporte

En Xapón practícase unha ampla variedade de deportes. As artes marciais tradicionais como o judo, o kendo, o karate e o aikido son tan populares coma os deportes importados do exterior, por exemplo o fútbol ou o béisbol, grazas á dedicación dos seus practicantes.

O judo, que literalmente significa "o camiño apracible", na actualidade goza de gran popularidade en todo o mundo e afianzouse firmemente como deporte oficial olímpico dende a súa primeira inclusión nos Xogos Olímpicos de 1964.

Judo © www.culturajaponesa.blogspot.com
Seguindo os pasos do judo, o kendo (esgrima xaponesa) tamén conseguiu atraer moitos afeccionados no estranxeiro nos últimos anos. Os contrincantes do kendo levan traxes protectores a xeito de armadura e utilizan espadas de bambú para atacar e defenderse.

Kendo © kendocharleroi.be
O karate introduciuse en Xapón dende China a través do Reino das Ryukyu (a actual Okinawa). Os contrincantes do karate non levan ningún tipo de protección e loitan utilizando tan só as mans e os pés.

Karate © www.taringa.net
O sumo, deporte nacional de Xapón, ten unha historia que abrangue máis de 1000 anos. Os rikishi (loitadores de sumo), que levan o pelo ao estilo dos antigos guerreiros, unicamente levan un cinto especial de seda, loitan tan só coas mans núas e case todos pesan entre 100 e 200 quilos. Loitan nun dohyo (ring) de 4,5 metros de diámetro ata que un dos dous sae do ring ou toca o chan con calquera parte do seu corpo que non sexa as plantas dos pés.

Sumo © es.wikipedia.org
Espero que vos gustara ler esta segunda parte de arte xaponesa tanto como a nós nos gustou escribila.

A seguinte entrada será por fin o itinerario, ata logo!

sábado, 5 de abril de 2014

Moscú (Москва)

Día 4.

É o noso último día en San Petersburgo, ás 14:30 temos a saída do noso tren en (Московский вокзал) dirección Moscú na estación de Leningradsky ( Ленинградский вокзал).
Chegamos ás 18:40 ao noso hotel de 5 estrelas,The Ritz- Cartlon. Elixímolo pola fantástica ubicación que ten, xa que se encontra ao lado da Praza Vermella (Красная площадь, Krásnaya plóshchad’)
(Foto orixinal: Jhoan Daniel)

Inmediatamente nos diriximos á Praza Vermella que é coñecida como Kitay-Górod. Non é excesivamente grande, conta cunha área de 70000 metros cadrados e é o corazón de Moscú e de toda Rusia; nela atópanse edificios e construcións moi importantes, entre as que cabe destacar a  Catedral de San Basilio, que é o símbolo de Moscú, considerada parte do patrimonio da humanidade da Unesco e o Museo Histórico.

Día 5.

Xa que é o noso segundo día e aínda nos quedan por visitar unha morea de cousas, madrugamos máis do normal.
Dirixímonos ao metro (Арбатско-Покровская) dirección a Rúa Stari Arbat. Nesta rúa agóchanse numerosos postos con souvenirs ideais para comprar eses pequenos detalles para a nosa familia e amizades. Aquí mercamos as famosas matrioskas.
Pero tamén visitamos o Museo Pushkin no que viviu o gran poeta nacional ruso, Alexander Pushkin, ademais doutros edificios históricos que se atopan no lugar.

Logo acercámonos ao centro comercial Shopping Mall Vega. Sorprendeunos o seu deseño, no que parece que é de noite e que estamos a mercar na rúa con moitas luces e cores.
E chamounos  moito a atención que dentro houbera un parque de atraccións que conta cunha noria, unha torre de caída (19 metros) e unha pista de xeo cuberta na que pasamos moitas risas polas nosas caídas.

Este centro comercial é ideal para pasar unha tarde agradábel e divertida sen gastar moito diñeiro.

Ironías da vida, comemos unhas hamburguesas no 
Mc Donalds.

(Foto orixinal: Eric Hawthorn)
Hoxe imos ver a parte "glamurosa" de Moscú, xa que a "Millionaire Fair", unha feira anual de luxo, este ano coincidiu coa nosa visita. Ten lugar no Kremlin, na Praza Vermella. Pero nós só puidemos conformarnos con ver, xa que os seus prezos están ao alcance de moi pouca xente.
(Foto orixinal: Jhoan Daniel)
Había tanta xente que de seguido tivemos que marchar para ver máis glamour. Desta vez dirixímonos ao Fondo de Diamantes (a 10 minutos en coche da Praza Vermella).
É unha colección estatal de ourivería de alto valor histórico y material (de ouro, pedras en bruto, prata, etc).
As obras que máis nos impresionaron foron:
  • A gran coroa imperial; que contén 5000 brillantes, perlas, ouro, prata e está rematada con unha espiñela de cor vermella (398,72 quilates) 
  • O brillante plano máis grande do mundo con 7 centímetros cadrados  de superficie.
  •  O diamante Sha, que  é unha pedra histórica sen marco sobre a que hai inscripcións persas.
  • O diamante Orlov que é o máis importante da India e pesa 190 quilates. 
Comemos no Restaurante Noyan Tun Nikolskaya Plaza Moscow, como despedida de xa que hoxe collemos o Transiberiano.