xoves, 12 de xuño de 2014

BCN; David e Sebi DÍA 4

Espertamos cun sono importante, xa que nos quedaramos ata tarde facendo parvadas. Estabamos empanados pero fomos despexando. Baixamos a xantar e esta vez había mininapolitanas, collín bastantes e estaban boísimas, eran un vicio, coma o zume. Daban ganas de coller a bandexa enteira para un só. Subimos a habitación un rato despois para coller as cousas para saír cara ao CosmoCaixa. A viaxe fíxoseme eterna, porque facía una calor agoniante, pero acabou pagando a pena.
Chegamos ao carón do edificio, mentres os profes arranxaban o tema das entradas, nós esperamos sentados nas escaleiras de enfronte, comentamos a noite anterior e botámonos unhas risas.
Cando entramos vimos, no medio dunhas escaleiras circulares, unha enorme árbore que colgada do teito ata o piso máis baixo, alí había unha máquina que imitaba ás distintas velocidades de caída das follas no bosque. 

Ao saír dese edificio había outro ao carón, cun péndulo de enorme atado ao teito, que se movía dun extremo a outro do círculo de barras de ferro; a bola enganchábase entre barra e barra e as tiraba, estabamos todos que non lle quitabamos o ollo de enriba. Máis adiante había mostras de area, auga e aceites recollidas en distintas praias e lugares. Ao carón diso había un acuario mariño bastante bonito e, máis adiante, outro só de medusas.
 
Unha cousa que me sorprendeu é que había un banco de atúns colgando do teito, e tamén un mini submarino real, dos que exploran o fondo do mar. A partires de aí, empezámonos a separar todos e andar pola nosa conta.
Para min, o mellor foi a zona do Bosque Inundado, que era unha recreación da selva amazónica. A metade do solo era un estanque cos peixes máis grandes que vin nunca e o resto era solo con árbores e paxaros raros multicolor. Se seguías o camiño chegabas a unha parte subterránea que tiña bastantes animais, como unha tarántula e un capivara.

Á hora de xantar fomos a cafetaría do CosmoCaixa, alí gozamos dun bo bufette, tíñamos todos moita fame, comemos coma becerros e o mellor era que había un apartado de sobremesas cunha neveira chea de Danets dos dous sabores, só faltaba que tamén tiveran con galleta, pero na vida non se pode ter de todo. Ao rematar de xantar quedamos libres, cada un podía facer o que quixera por alí, nós tirámosnos no céspede a comer xeados, estábase de medo, pero xa eran as seis, tocaba arrancar cara á Sagrada Familia.

Ao chegar á Sagrada Familia quedamos asombrados; era enorme, bueno, enorme non, o seguinte, era enorme de Dios! Había moito movemento por alí, a guía, para que a puidéramos escoitar, deunos uns cascos onde só escoitabamos a súa voz, pero que se xirabas unha rodiña escoitabas ao guía doutro grupo, isto foi motivo de risas. A guía explicaba moi ben, contaba cousas interesantes, pero somos rapaces, non lle fixemos moito caso, pero sempre sen faltarlle ao respecto. 

Mentres algúns alucinaban cos "monumentos" importados de Alemaña, Francia e Cataluña, tamén chamados por nós ''Chigrinskis'', outros alucinabamos coa arquitectura. Xa rematara a visita á Sagrada Familia, xa pegaba un pouco o frío, debido a que co alta que era esa contrución, tapaba o sol e só nos daba sombra.
Xa chegara o momento de volver cara ó hotel. Ese día a maioría ía saír de festa tamén, pero algúns quedamos xogando ao póker ata as tantas. Foi divertido xogar cos meus amigos, non nos xogamos pasta, así que daba un pouco igual gañar ou non, só pretendíamos divertirnos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario