xoves, 19 de xuño de 2014

BCN; David e Sebi DÍA 6

Era o último día, todos eramos conscientes, levantámonos coa resaca da noite anterior (alcol non, xa sabedes) mais non parabamos de rir recordando os mellores momentos pero, no fondo, todos estabamos algo tristes porque xa era o derradeiro día. 

Quixémolo gozar como se merecía, levantámonos de bo humor, fomos almorzar, respirábase no ambiente un "colegueo" que botaríamos de menos xa cando estiveramos en Salceda, porque eramos a maioría moi amigos, pero alí era diferente, todos eramos amigos, todo era bo rolo.

Ao rematar o almorzo collemos as maletas e xa as metemos no bus, so levábamos enriba o necesario e imprescindible. Chegamos a PortAventura arredor das 11, estivemos na porta esperando bastante tempo, pero sentounos xenial, a maioría botamos unha sesta. Ao fin entramos no parque, estabamos emocionados, pero un pouco durmidos.

 Á primeira atracción que fomos foi o Furius Bako,foi unha auténtica animalada, a cola que había que esperar digo, levábamos unha hora e media esperando e, de repente unha milagre, estragouse a atracción; toda a xente que estaba na cola marchou, e nós, os galegos, nun ataque de positivismo, avanzamos na cola, aforrándonos horas e horas, e aos cinco minutos... ¡zas! A atracción volve funcionar xusto cando estamos a metros da entrada, foi un gran golpe de sorte. A atracción impresionounos moito, saímos moi emocionados todos, e cuns pelos de tolos.

Xa era a hora de xantar, chegabamos tarde ao bufet, e aínda por riba, non sabíamos case nin onde era, pero chegamos. A comida, unha cousa rara, parecía cartón, o único bo eran as Danet, pero non había de chocolate, tamén era mala sorte. Despois de ter algún que outro problema na cola, e discutir cuns cataláns, sentámonos no gran comedor a comer. Héctor era o maior crítico da comida, e ao saír do comedor, non quixo ir á Caída Libre por medo a botar, eso que fan chamar comida, fóra. Nesta atracción esperamos nada máis e nada menos que unha hora e media, pagou a pena, parecía que quedabas arriba e en menos de dous segundos xa estabas abaixo.
Cando saímos da Caída Libre fomos directos ao Dragón Khan, outros foron ao Shambala, pero nós grazas a ir á Caída Libre e ao Dragón Khan fomos a dous grandes, mentres que os outros só foron ao Shambala. No Dragón Khan esperamos arredor de dúas horas, e na cola, unha rapaza duns dezasete anos non paraba de molestar, parecía que ía algo bebida, pero fixemos oídos xordos e aguantamos as ganas de contestarlle máis dunha cousa. Cando chegamos e nos sentamos na atracción, a rapaza que traballaba na organización miroume a camiseta do Real Madrid e díxome que non lle gustaba, eu todo cheo contesteille que si prefería ,a quitaba e chiscoume un ollo. 
Ao saír desa atracción quedábanos tempo para facer un pouco o parvo por alí. Nós de bobos fomos a unha atracción de auga cando xa apertaba o fresquiño, empapámonos e volvimos correndo cara o bus, esperábanos unha larga viaxe en bus cara a casa.
Na primeira parada aseámonos e cambiámonos de roupa, o agradecemos todos para o noso olfacto no bus. Era unha tortura a calor que ía nese bus, eu rocei a loucura, case non durmín e non parei de dicir parvadas sen sentido, non quería chegar e asimilar que a gran excursión a Barcelona, tocaba o seu fin...

Ningún comentario:

Publicar un comentario