luns, 16 de xuño de 2014

Rubén xoga a final da Costa Daurada Cup


Hoxe é a gran final do torneo contra o Sant Andrew, imos con ganas de gañar a final xa que se chegamos ata aquí foi con moito esforzo e vontade. 


De camiño ao campo de fútbol,eu polo menos, ía nervioso, pero puxen música para motivarme e así deixar eses nervios atrás. Ao chegar ao campo mandáronos para os vestiarios, e alí os adestradores Rubi e Lema déronos unha charla agradecéndonos a tempada que estabamos a facer. Para rematar a charla, dixéronos "que as finais non se xogan, as finais se gañan", e así motiváronos máis do que estabamos. 

Cando saímos quentar ao campo xa estaban eles, que levaban 10 minutos máiss do normal quentando, iso a nós nos sorprendeu porque todos os equipos soen saír por iguais. O primeiro foi ir facéndonos unha idea de como eran tacticamente xa que no físico son todos moi altos.

Comeza a final e empeza quente, como todos os partidos que xogamos porque aquí, poucos xogan ao toque, se non ao corpo á corpo. Na primeira metade foi un pouco aburrido porque a penas houbo ocasións, e os dous porteiros non tiveron traballo.

No descanso estivemos falando entre nós que había que probar ó porteiro e así foi.  A segunda metade comeza con mellor pinta para o Porriño, xa que agora estamos tocando ben o balón, probamos tiros desde fóra da área e o porteiro parece un pouco inseguro e así seguimos coa mesma idea, de seguir tirando cando teñamos opción. Cando faltaban 10 minutos, tiñamos un córner a favor, fun eu a quitar o córner pero despexaron os defensores do Sant Andrew. Por sorte o medio centro do meu equipo colleu o rexeitamento, disparou e meteu, e fomos todos como tolos a celebralo, tirándonos uns por riba dos outros. Despois o adestrador nos dixo que non atacásemos que nos preocupáramos por defender, e defendemos como cans os últimos minutos. Iso deu o resultado do gran torneo... fomos campións! E o celebramos polo alto!

Pola tarde, a gozamos na praia de Levante xa que sería o último día de praia porque ao día seguinte á noitiña marchabamos para Galicia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario